Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

CHEO TOTAL NO 10º ANIVERSARIO DO FÁLAME SEMPRE

  • A nova edición do evento conseguiu un cheo total no salón de actos da patronal Boirense
  • Edición especial polo 10º aniversario no que se presentou un vídeo e unha publicación conmemorativa.
  • O público que asistiu ao acto recibiu unha bolsa coa publicación e unha camiseta conmemorativa do evento.
  • Os 5 poñentes tiveron pouco mais de 6 minutos para explicar a súa experiencia baixo o formato pecha kucha

 

Boiro, 19 de abril de 2024

 

Na noite de onte a A.B.E. coa colaboración do CONCELLO DE BOIRO organizaron unha nova edición dun dos eventos mais agardados na programación anual da asociación, o evento de experiencias innovadoras con empresas creativas que nesta ocasión celebrou o seu 10º aniversario.

Nun salón de actos cheo ata a bandeira os 5 poñentes contaban con pouco mais de 6 minutos para contarnos a súas experiencias xa que para as presentación usouse o formato Pecha Kucha de 20 imaxes que se proxectan cada 20 segundos.

Sen previo aviso apagáronse as luces e proxectouse un vídeo especial conmemorativo dos 10 anos do evento especialmente editado para a ocasión e ao seu remate tomou a palabra o presidente da ABE, Daniel García que se amosou exultante xa que ”é un pracer celebrar o 10º aniversario deste evento nun salón de actos cheo de caras coñecidas, a intervención comezou facendo un recordatorio das 10 edicións do evento “Foi no inverno de 2012 cando, case por casualidade e sen saber o potencial que tería no futuro, cando a ABE organizou o primeiro Pecha Kucha Boiro. Fíxose no salón de actos, que daquela non estaba amoblado, e naceu como o fan moitas cousas bonitas, con ilusión e poucos medios”

“Agora que celebramos o 10º aniversario podemos dicir con orgullo que a aposta pola idea de que a conxunción de cultura e empresa pode favorecer a creación de iniciativas sostibles e rentables foi acertada e para elo só temos que repasar o listado de convidados ao longo destes anos. Para todos eles o noso máis sincero agradecemento ao igual que ao concello de Boiro por apoiar sempre a iniciativa e a todos vós que cada ano nos acompañades nunha das citas ineludibles da comunidade cultural e empresarial Boirense “

Finalizada a introdución, Daniel deu paso aos primeiros convidados os compoñentes do grupo musical Triángulo de Amor Bizarro, Isa, Rodrigo e Rafa explicaron a traxectoria do grupo con base en Barbanza que explicaron “que tras 20 anos de carreira e a pesar de tocar en salas e festivais de moitos países a decisión de ter a base en Barbanza foi un acerto xa que o entorno cultural Boirense tan activo favorece á creatividade do grupo e nos aporta sinerxias positivas”

Neste punto, Alberto García, técnico de cultura do concello de Boiro, asumiu a presentación do acto dando paso á cooperativa Charlatana que como explicou, Eva Triñanes, unha das socias “ é un novo espazo galego de creación, produción e  distribución propia que integra diversas disciplinas artísticas: circo, música, teatro infantil e contos” “Charlatana nace para crear un espazo de cooperación no que conflúan diversas propostas artísticas onde o obxectivo común é DIVERTIR e EDUCAR. A través do humor, o espíritu crítico, e o debate en escena, Charlatana crea espectáculos que integran valores como a igualdade, a cooperación, a reciclaxe e a cultura e lingua galegas.”

E da cooperativa cultural pasamos a un dos festivais mais representativos da comunidade o Revenidas que como explicou un dos promotores do festival, Alfonso Vilanova “naceu a partir dunha festa popular que se celebraba na vila mariñeira de Vilaxoán, na que os veciños compartían e degustaban un dos froitos máis cobizados do seu traballo: as sardiñas asadas, que neste lugar chámanse, precisamente, revenidas. De aí toma o nome o festival.”

Chegados a este punto o presentador da paso a unha iniciativa da comarca, Quinteiro Doce que como explica Luís Tembra, CEO da empresa “tras mais de 40 anos de traxectoria hai 10 que decidimos crear a marca quinteiro doce apoiada na cultura do país e distribuímos produtos artesáns a través do comercio local galego”

Para finalizar foi a quenda de Antón Riveiro, un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e con obras traducidas a varias linguas e que explicou “as complexidades da vida do escritor” reivindicou a súa figura de autónomo e relatou “as dificultades coas que se atopa a profesión do artista á hora de poder ser profesional da mesma sendo moi complicado vivir desa actividade en exclusiva. 

O acto pechouse coa intervención do alcalde de Boiro que quixo destacar “a  puxanza do sector económico e cultural da comarca e o enorme potencial que aínda ten por desarrollar” ademais quixo poñer en valor “ o traballo da ABE a prol do tecido empresarial local e darlle a noraboa pola organización do evento duante estes 10 anos.

Unha vez rematado o evento público, organización e poñentes puideron desfrutar duns pinchos nun ambiente distentido.

Como recordo o público levou de agasallo un vaso e unha camiseta conmemorativa do evento na que lucían os nomes das mais de 50 empresas que participaron no evento ao longo das 10 edicións.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar